Pezas audiovisuais sobre poemas de Manuel María

Os versos de Manuel María chegarán aos fogares en dúas pezas audiovisuais promovidas por Cultura e TVG

sddefaultOs versos de Manuel María chegarán neste mes das Letras Galegas aos fogares da comunidade a través da programación da TVG, coa emisión de dúas pequenas e creativas pezas audiovisuais realizadas a partir de dous poemas do escritor 'chairego', homenaxeado este ano pola Real Academia Galega (RAG) con motivo de o 17 de maio.

A iniciativa, promovida pola Consellería de Cultura e Educación e pola canle autonómica, foi presentada este martes polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o xefe de Produción Allea da TVG, Montse Besada, xa que a directora da televisión galega, Rosa Vilas, non puido acudir.

Máis información no Galicia Hoxe.