Máis barrigas verdes

barriga_verde_fran_reiA celebración do Día das Letras dedicado a Manuel María está a impulsar de xeito importante a recuperación do noso títere máis popular para os escenarios. Deste xeito, a obra que o poeta chairego lle dedicou a Barriga Verde e que viu a luz orixinalmente en 1968 na Colección o Moucho está a servir de base para diferentes adaptacións actuais  e que se desenvolveron de xeito totalmente independente do traballo que está a realizar a Asociación Cultural Morreu o Demo para revivir este personaxe.

Dúas versións deste texto, que recrea e adapta situacións do espectáculo que os Silvent levaron por toda Galicia xa están nas táboas de todo o país. Canda a estas, e xa en colaboración con nós tamén Viravolta Títeres está a traballar na súa propia versión da obra de Manuel María, que se estreará en breve.

Máis información en Morreu o demo