A Fundación Manuel María Estudos Galegos conmemora este sábado desde as 5 da tarde o 87 aniversario do nacemento do poeta. Se o ano pasado decidiuse renderlle homenaxe nestas mesmas datas cun concerto en vivo de Uxía no auditorio de cásaa museo de Outeiro de Rei, nesta ocasión o formato elixido é o teatral.
Así, a partir das cinco da tarde terá lugar mañá en Outeiro de Rei a representación teatral A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderne a cargo do grupo teatral Lucecús. A obra está interpretada a partir de textos literarios de Manuel María e presentá a peculiaridade de ser itinerante, pois si o tempo acompaña desenvolverase por diferentes espazos da localidade que vió nacer ao poeta e especialmente por aqueles que máis o marcaron.
Máis información na Cadena Ser.