LETRAS

GALEGAS

2016

Galiza somos nós, a xente máis a fala, se buscas Galiza, en ti tes que atopala.

page1_img1

  • Manuel María xornalista

    Antes de editar o seu primeiro poemario Manuel María xa escribía para a prensa, nunha relación que se mantivo ao longo de 55 anos

Biografía

As Letras Galegas de 2016 homenaxea a Manuel María [1929-2004] un dos poetas galegos máis populares do século XX. Os seus versos [directos e espidos, con rimas coloristas ou versículos combativos] sobardaron o ámbito estritamente literario e convertéronse nun símbolo da loita contra a ditadura.

Nas súas propias palabras, a súa escrita naceu “por afán de comunicación” aínda que, para el, a literatura sempre é “unha loita contra a morte”, pois se te pós diante dun papel, “mesmo se non pensas publicar o que escribes, estás loitando contra a morte”.

Biografía

Xornalismo nas Letras

Xornalismo nas Letras

Boa parte dos escritores homenaxeados no Día das Letras mantiveron, ao longo da súa vida, un estreito contacto cos medios: uns con colaboracións esporádicas, outros periódicas e moitos [Cunqueiro, Carvajal, Paz Andrade, Blanco Amor, Lorenzo Varela, Amado Carballo ou Villar Ponte] como medio de vida.

O propio Manuel María escribiu en moitos xornais galegos, combinandoo con traballos en radio. Velaquí unha escolma dos escritores das Letras que ao longo da súa carreira tiveron unha estreita relación co xornalismo.