Convivio da Cultura Galega

convivioA carballeira de Santa Isabel, en Outeiro de Rei, volveuse encher este sábado de persoas dispostas a render tributo a Manuel María unha vez máis, a lembrar os seus poemas e a celebrar con música o seu legado. 

O Convivio da Cultura Galega, impulsado pola Casa-Museo Manuel María, Galiza Cultura e a asociación Solfa reuniu en Outeiro de Rei centos de persoas vencelladas á música e á literatura que desfrutaron dunha xornada festiva ao tempo que honraban a memoria do poeta da Terra Chá. 

A xornada comezou cunha ofrenda no cemiterio de Outeiro, onde está enterrado Manuel María. A súa viúva, Saleta Goi, depositou unhas flores na súa tumba e os presentes interpretaron o Himno Galego acompañados por unha gaiteira. 

Máis información no El Progreso