Solilóquios com Manuel Maria

capa-a-luz-ressuscitadaCon motivo da dedicación do Día das Letras Galegas do ano 2016 ao poeta galego Manuel María, a Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP) edita o libro do académico António Gil Hernández, que constitúe o volume 4 dos Anexos do Boletim da AGLP.

O texto está organizado en forma de 33 “retalhos” que ocupan 400 páxinas, constituíndo diálogos do autor sobre o contido de 3 libros do poeta: Versos do Lume e o Vagalume (1982), A Luz Ressuscitada (1984) e Oráculos para Cavalinhos-do-demo (1986). Entre a análise literaria, sociolinguística e política, António Gil fai un percorrido polos condicionantes en que se desenvolve a comunidade lingüística galega.

Máis información na Academia Galega da Língua Portuguesa.