Simposio sobre a vida e a obra de Manuel María

manuA Real Academia Galega (RAG) celebrará os próximos 22, 23 e 24 de novembro un encontro que abordará a vida e a obra de Manuel María a cargo dunha vintena de expertos en distintos aspectos do autor protagonista do Día das Letras Galegas este ano, segundo informa a institución galega.

O simposio continúa a conmemoración do ano dedicado ao poeta cun programa, aberto a todo o público, no que mesas de debate comparten cartel con recitais dos versos de Manuel María e que concluirá coa proxección dun documental sobre o homenaxeado, titulado 'Eu son fala e terra desta miña terra', da académica Margarida Ledo Andión.

Máis información no Galicia Hoxe.