XXV Xornadas de Lingua e Literatura

XXV Xornadas de Lingua e Literatura

XXV-Xornadas-de-Lingua-e-Literatura-Manuel-Maria

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a CIG-Ensino organizan unha nova edición das Xornadas de Lingua e Literatura, foro de referencia para o debate sobre as principais cuestións que afectan á docencia da Lingua e Literatura Galega no ensino. Este ano o eixo temático será Manuel María, autor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. A xornada, dirixida ao colectivo de profesorado non universitario de Galicia, terá lugar o 9 de abril de 2016 na Casa Museo Manuel María, en Outeiro de Rei. O prazo de matrícula remata o 4 de abril.

Máis información e formulario de matrícula na Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

Os comentarios están pechados.