Recital de poemas en Viveiro

A palabra de Manuel María revive na boca dos veciños de Viveiro

XY6C4F3Manuel María na boca dos veciños, da xente, non hai maior honra nin honor. O autor da Terra Chá, a quen se lle adican este ano as Letras Galegas, recibiu unha homenaxe onte pola tarde en Viveiro, organizada polo colectivo Pensamento e Sementeira. Foi no salón de actos do Conservatorio de Música.

A palabra de Manuel María revivindo na boca dunha panadeira, Patricia Álvarez; dun atleta, Adrián Ben; dun músico, Moncho Bermúdez; da presidenta de Fraga das Saímas, Flor Chao; do práctico do porto, Andrés Díaz; dun estudante, Xoel Eijo; de Alba Fernández, de Aspanane; dunha xornalista, Cristina Felipe; dunha lectora de inglés, Margaret Licklider; dun hostaleiro, X. M. Vázquez, Leman, da presidenta dunha coral, Teresa Penabad.

Máis información no La Voz de Galicia.