Pardiñas lembra a Manuel María

pardinasManuel María amaba Pardiñas, e o histórico festival guitiricense, que este ano alcanza os 37 anos de vida, quere devolverlle polo menos unha parte deste agarimo no seu ano, cunha programación na que o escritor de Outeiro de Rei estará moi presente. Estará nos máis de cen traballos premiados no XXVII Certame de Narración e Debuxo de Pardiñas e no pregón musical dos seus amigos Mini e Mero, fixado para o domingo ás 19.00 horas. E seguro que tamén se deixará sentir o seu espírito nalgunha das nove actuacións musicais previstas para os concietos dos días 6 e 7 de agosto.

O sábado, serán os ritmos de sumarán as actuacións do escenario da XXIII Mostra de Instrumentos da Música Tradicional que organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, pola que o sábado pasarán, para dar o pregón e tocar os veteranos Maruxa Miguens e Pepe Romeu, dos Rosales, e o domingo o grupo Alvariza.