Actividades do Concello de Lugo encol de Manuel María

O Concello de Lugo programa unha vintena de actividades encol de Manuel María

290316-Presentacion-Manuel-Maria-938x535

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua de Lugo, Carmen Basadre, e un representante da Fundación Manuel María, Antón Laxe, presentaron este martes a programación de actividades para todos os públicos organizadas polo Concello para render tributo a Manuel María no ano que se lle dedican as Letras Galegas. Trátase dunha vintena de actividades que se realizarán ao longo de todo o ano, con especial intensidade durante o mes de maio. No acto de presentación, Basadre subliñou a importancia literaria deste gran poeta, “tan vinculado como estivo sempre e sigue estando coa cidade de Lugo”.

A edil lembrou a figura de Manuel María, “que merece estar entre os mellores poetas nacionais, e que acadaría a categoría dun poeta internacional, alí onda os haxa”, e avogou pola defensa que fixo da lingua galega, “pois escribiu os versos máis fermosos que temos na literarutra galega”.

Pola súa banda, Laxe transladoulle o agradecemento e os parabéns da Fundación María ao Concello, “pola programación que procura a mellor homenaxe a Manuel María, que non é outra que difundir a súa obra, para que sexa coñecida e lida, e máis concretamente na cidade de Lugo, onde Manuel María tivo unha vinculación especial”.

Segue lendo no Xornal de Lugo.

Os comentarios están pechados.