Mini e Mero homenaxean a Manuel María en Marín

‘Mini e Mero’ homenaxearán a Manuel María en Marín

CONCERTO-MINI-MERO-DEF

O próximo 20 de abril, ‘Mini e Mero’ renderán tributo a Manuel María, poeta ao que está dedicado este ano o Día das Letras Galegas. O concerto de Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias percorrerá a obra do autor poñendo música a moitos dos seus poemas na Biblioteca Pública de Marín.

“O aradiño”, “O guerrilleiro”, “O carro”, “O cuco” ou “Santa Sabel” son algunhas das poesías que grupos e artistas como Fuxan os Ventos, A Quenlla, Uxía e os propios Mini e Mero musicaron ao longo das súas carreiras e que se poderán escoitar durante este concerto.

Segue lendo en Morrazo al Día.