A Deputación da Coruña tinguirá de contemporaneidade as figuras de Castelao e Manuel María e ao movemento das Irmandades dá Fala coa iniciativa DAC-Outono Cultural. Os espectáculos desenvolveranse este mes e o que vén en 18 concellos da provincia, incluídos Betanzos e Oleiros. Entre o abanico de opcións, a institución programará "Barriga verde", "Retrincos de Castelao", "Menú da fala" e "Gala da Irmandade".
Integrará representacións para centros educativos de Primaria e Secundaria con outras para público xeral e irase ata as casas de Cultura, auditorios e a mesma rúa. A vicepresidenta Goretti Sanmartín explicou onte na presentación que o proxecto divulgará "o legado cultural destes tres eixos da nosa cultura, de maneira especial, ás novas xeracións, con espectáculos e linguaxes contemporáneas".
Máis información no El Ideal Gallego.