Galaxia presenta a “Antoloxía Poética” de Manuel María

Galaxia presenta hoxe en Santiago a “Antoloxía Poética” de Manuel María

Antoloxia-poética-de-Manuel-María_portada-libro-Galaxia_VCAL-495x718Hoxe preséntase na Feira do Libro de Compostela a Antoloxía Poética de Manuel María realizada por Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro Portela, unha ampla mostra da súa extensísima obra e da variedade dos seus temas e formas

A Feira do Libro acollerá ás 20h a presentación en Compostela da Antoloxía Poética de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016, realizada por Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro Portela e publicada pola Editorial Galaxia. Esta antoloxía recolle unha ampla mostra da enorme dimensión da obra poética de Manuel María e da variedade dos seus temas e formas, pensada para todo tipo de lectores que se queiran achegar por primeira vez á poesía do autor chairego e tamén para aqueloutros que queiran revisitar, recollidos nun só libro, poemarios lidos e poemas lembrados.

Máis información no Galicia 24 Horas.