O teatro Rosalía encheuse onte de poesía co espectáculo Lúas de Outono, que a Fundación Manuel María de Estudos Galegos celebra habitualmente por estas datas para honrar ao poeta de Outeiro de Rei.
No recital, os poemas de Manuel María soaron a ritmo de rock interpretados polos Diplomáticos de Monte Alto, un barrio significativo para o escritor lucense, xa que foi onde se asentou cando pasou a residir na Coruña.
A velada completouse coa actuación do Grupo de Cámara de Santiago, composto pola soprano Esperanza Mara, o piano de Miguel Vizoso e o clarinete de Mariña Abuin, que interpretaron cancións musicadas por Xosé Carlos Seráns.
Máis información no El Ideal Gallego.