Edición actualizada de ‘Conversas con Manuel María’

Xosé Manuel del Caño presenta en Vigo a edición actualizada da súa obra ‘Conversas con Manuel María’

image_galleryA Casa do Libro de Vigo acolleu onte á tarde a presentación da obra ‘Conversas con Manuel María’, “un libro que nos achega en primeira persoa a voz do poeta da Terra Chá, o paso pola súa infancia e a chegada á madurez, as reflexións que o propio autor fai sobre a súa obra e sobre a súa época, desde o punto de vista social, cultural e tamén político”.

Así o asegurou durante o acto de presentación o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen se referiu ao traballo como “unha valiosa fonte de información para coñecer de preto a figura de Manuel María e o seu contexto”. Nese sentido, afirmou que “a obra constitúe un testemuño directo da súa traxectoria vital e profesional, e tamén do seu tempo, nacido ao fío das conversas con Xosé Manuel Caño en Mondoñedo”.

Máis información na web da Xunta de Galicia.