Día da Cultura Chairega

cartaz_copia_2_1Como cada mes de setembro por estas datas, e dende hai xa doce anos, o Instituto de Estudos Chairegos organiza un acto que, coa denominación xenérica de Día da Cultura Chairega, pretende lembrar ao noso gran poeta Manuel María, do que se cumplen doce anos do seu falecemento.

Dende a primeira edición, teñen pasado grupos e cantantes tan senlleiros como Milladoiro, A Quenlla, Vichelocrego, Xarín, Buxos Verdes, Uxía ou Os D’Abaixo; proxectado películas coma a do chairego Jorge Coira, “18 Comidas”; realizado recitais poéticos ou dramatizacións de obras de Manuel María; conferencias, mesas redondas, presentacións de libros, etc.

Máis información no Terra Chá.Xa.