Códigos QR para Manuel María en Vilalba

Vilalba énchese de códigos QR para conmemorar o legado de Manuel María

vilalba_mapa9d07-57a7aVilalba vai contar ao longo do que resta do ano cunha manchea de códigos QR escaneábeis con ligazóns aos contidos dixitais de traballos desenvolvidos polo alumnado dos centros educativos do concello e do Centro Ocupacional Vilalba – Terra Chá. Os traballos, unha trintena, foron creados para conmemorar a figura do poeta Manuel María, escritor chairego (precisamente) recoñecido este ano no Día das Letras Galegas. O material dispoñíbel (e accesíbel a través dos nosos dispositivos) pódese ver na súa integridade no Google Maps. A raizame da iniciativa está nas actividades de homenaxe a Manuel María impulsadas dende en Concello en colaboración coas entidades e asociacións locais. 

Segue lendo en Código Cero.