Este sábado, 22 de outubro, ás 19 horas, representarase no auditorio do Centro Ágora, Acoruña, a peza teatral escrita por Manuel María en 1974, Abril de lume e ferro. A actividade enmárcase nas iniciativas que a Casa-Museo Manuel María ao longo deste ano en diferentes lugares de Galiza.
A obra, que é de entrada libre até completar capacidade, recrea os acontecementos que supuxeron o levantamento liberal e galego de 1846 e que remataron co fusilamento dos oficiais sublevados na fraga do Rei (Carral).
A dramatización teatral será levada a cabo pola compañía da Asociación de teatro e cultura “Abril de lume e ferro”, composta por veciñas e veciños de Carral, que vén representando de maneira continuada, desde hai máis de vinte anos, este texto.
Máis información no Sermos Galiza.