A USC conmemora a Manuel María cunha edición facsimilar
Os facsímiles de de dous cadernos e nove debuxos compoñen o volume que a Universidade de Santiago acaba de publicar en homenaxe a Manuel María. O libro, editado por Carmen Blanco García, recupera o caderno manuscrito autógrafo Poemas da luz resucitada, o caderno mecanoscrito Nenia por Aquilino Iglesia Alvariño e nove debuxos do autor ao que se lle dedica o Libro das Letras Galegas deste ano.
Máis información en Cultura Galega.