A produtora Nós presenta o primeiro libro-DVD adicado ao homenaxeado das letras galegas 2016, Manuel María
O mércores 16 en Ferrol, o xoves 17 en Vigo e venres 18 en Pontevedra, a produtora Nós presenta o primeiro libro-DVD adicado ao homenaxeado das letras galegas 2016, Manuel María.
“Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra” preséntase na cidade olívica na libraría Andel (avda.das camelias 102) é dividese nun libro con textos escritos por diferentes persoas e un documental onde a través da voz do propio Manuel María a directora Margarita Ledo presenta a vida do escritor en todas as súas facianas.
“Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra” é o nome deste novo proxecto de Margarita Ledo. Por unha banda é un libro “A propósito de Manuel” con textos de Miguel Anxo Fernán Vello, Paulino Pereiro, Carme Vidal, Darío Xohán Cabana e Margarita Ledo e pola outra, un documental en formato DVD onde, Margarita fai una homenaxe ao seu amigo e ao seu contorno máis próximo. Nel veremos todas as facianas do escritor, a súa extensa obra e ao seu activismo político. Se algo transmite Margarita Ledo nas verbas que lle adica no libro e tamén no documental que fai é a amizade que lle uniu ao coñecido como “poeta da terra”.
A presentación do proxecto, terá lugar en Ferrol o mércores 16 na galería sargadelos, en Vigo o xoves 17 na libraría Andel e o venres 18 será en Pontevedra na libraría Paz. O libro pódese adquirir en diferentes librarías ao longo do país, nas galerías Sargadelos e nas tendas Rei Zentolo. Tamén a través da páxina web da propia produtora www.noscinema.gal