48 Momentos con Manuel María

OJ27C4F1Xuño pon fin á primeira das exposicións de carácter itinerante e aditivo que comisionadas polo artista e escritor Miguel Ángel Martínez Coello homenaxean ao poeta monfortino Manuel María, conmemorado nas Letras Galegas do presente ano. Martínez Coello presenta o proxecto 48 Momentos con Manuel María cun carácter de itinerancia a través de distintos espazos expositivos por toda Galicia para o que conta cun nutrido elenco de artistas por toda a autonomía, incluíndo multitude de actos como a presentación do libro dedicado ao poeta Conversas con Manuel María, de Xosé María del Caño, cuxa portada ilustra, recitais, talleres, concertos...

Así o artista e curator da exposición consegue establecer unha chiscadela dialéctica entre 48 momentos da vida do poeta e os 48 debuxos que presenta a través das 48 exposicións que teñen lugar por toda a comunidade, con gran número de artistas representados. A primeira das exposicións é a que alberga a Galería Ferrer de Ourense (Rúa Canle, 3) e na que se suman aos 15 debuxos que presenta o artista, a obra doutros catro artistas residentes na cidade das Burgas.

Máis información en La Voz de Galicia.